Tuesday 17 de June de 2025

Neda contrata a tres traballadores para facer traballos de roza con cargo ao Aprol Rural


O Concello vén de incorporar temporalmente ao cadro municipal a tres traballadores contratados con cargo ao plan de fomento do emprego Aprol Rural 2025. Os novos empregados realizarán nos vindeiros meses traballos de roza en vías, naqueles puntos aos que non chegue o tractor, e noutros espazos públicos.

A administración local levou a cabo a contratación, grazas ao apoio económico da Consellería de Promoción do Emprego, que outorgaba ao municipio nesta convocatoria de axudas un total de 49.806 euros. As tres persoas contratadas a tempo completo (dous peóns e unha peoa), que onde facían un cursiño de prevención de riscos, se atopaban en situación de desemprego, tendo especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Segundo establece o proxecto municipal “Medidas para a prevención de incendios forestais e recuperación de itinerarios de interese natural” a cuadrilla ocuparase durante un total de nove meses da realización de tarefas de roza en espazos e vías públicas, labores preventivos de lumes nas faixas secundarias; e accións destinadas a poñer a punto itinerarios naturais.

Deja un comentario