
As súas actuacións serán este venres 20 e sábado 21, respectivamente
Esta fin de semana volve a actividade ao Coliseum da Coruña por partida dobre da man de Camela e Rigoberta Bandini. As últimas entradas para ambas actuacións están á venda a través do despacho de billetes da praza de Ourense e de Ataquilla. “Desde o Goberno de Inés Rey impulsamos unha intensa axenda de actuacións musicais no principal recinto multiusos do noroeste, con concertos exclusivos en Galicia como os desta fin de semana”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Este venres 20 de xuño Camela regresará á Coruña para presentar a súa nova xira ‘+ de 30’, coa que celebrará os seus máis de 30 anos de carreira musical. O dúo regresa á cidade tras as súas últimas actuacións celebradas no Palacio da Ópera. Trátase dunha das formacións máis recoñecidas dentro do xénero da rumba, mesturando electrónica nas súas cancións. A actuación comezará ás 22.30 horas.
Por outra banda, o sábado 21 será a quenda de Rigoberta Bandini, que presentará en directo o seu novo traballo, ‘Jesucrista Superstar’, tras dous anos afastada dos escenarios.
Antes, acadou un enorme éxito grazas a súa participación en Benidorm Fest e a súa canción ‘Ay mamá’. A artista conta con outras cancións de gran repercusión como ‘Perra’, ‘Too Many Drugs’ ou ‘In Spain We Call It Soledad’, ademais dun álbum de debut que foi un éxito en vendas: ‘La emperatriz’. O seu concerto comezará ás 22.00 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.