
As quince persoas maiores que participan ao longo do ano no programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón veñen de participar nunha serie de encontros coa rapazada do CRA Boqueixón-Vedra en Lestedo e en Sergude. Un encontro xa tradicional nos últimos anos e que este ano tivo como tema as festas e a música tradicional.
Así, por unha banda as persoas maiores contábanlles aos nenos e nenas como eran as festas ás que ían cando eran novos e que tipo de música escoitaban. Pola súa banda, os pequenos tíñanlles preparada unha sorpresa: cantaron unha cantiga tradicional con pandeiretas, ao que os maiores do programa de Prevención da Dependencia contestaron interpretando a Rianxeira, canción que curiosamente só coñecía un dos quince nenos participantes.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.