Tuesday 17 de June de 2025

Arranca o 36 campionato de verán de fútbol sala do Roxal, co apoio do Concello de Neda


A Sociedade Cultural Deportiva Roxal activa esta tarde, coa colaboración do Concello de Neda, unha nova edición do seu veterano Campionato de fútbol sala verán 2025. A competición disputarase na pista polideportiva do Roxal coa participación dun total de dez equipos da comarca de Ferrolterra.

Un ano máis os afeccionados ao fútbol sala terán cita obrigada en Neda. No campionato, que chega á súa edición número 36, mediranse Roxal Canalones Freijo, Pica & pica/24 horas Ferrol, Roxal 99 Pippers, Trinidad y Tabaco, Catering Ferrolterra/Santa Mariña, Narón Freixo, Radiocar/Nuevo Minuetto, Cafetería Monterrey, San Juan e Estrella del Muelle.

Serán quince xornadas con tres partidos por día ata finais de xullo. En total, xogaranse corenta e cinco encontros, con árbitros da Delegación ferrolá de fútbol sala, antes de entrar na fase final.

Segundo o calendario oficial, o 31 de xullo terán lugar as semifinais do torneo estival, promovido pola SCD Roxal, e o día 2 o terceiro e cuarto posto e a final. Organización e Concello animan a veciñanza a achegarse para seguir os partidos.

Deja un comentario