
Os bombeiros do parque provincial de Carballo tiveron que achegarse na tarde deste pasado luns ata a Avenida Fisterra, no lugar de Carballo (fronte ao Tanatorio Bergantiños) polo colapso do tellado dunha nave.
Foi o 112 quen alertou do suceso ás 14:43 horas. Xa no lugar dos feitos, os bombeiros comprobaron que se trataba dunha nave abandonada cuxo tellado con estrutura de madeira colapsara cara o interior da construción.
Así, procederon a forzar a porta de entrada para rastrear se no interior había persoas, sendo esta pesquisa negativa.
No operativo tamén participou a Policía Local de Carballo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.