
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos foron solicitados na tarde deste luns por un accidente de tráfico na intersección entre a AC-230 e a DP-3203, no concello de Oza Cesuras e que se saldou cunha persoa falecida.
O 112 deu o aviso ás 15:06 horas, informando dun accidente de tráfico con atrapados e unha posible vítima mortal. Xa no lugar dos feitos, confírmase a morte do condutor dun dos vehículos implicados. Outra das persoas que se atopaba no segundo vehículo involucrado foi trasladada ao centro hospitalario de referencia no helicóptero medicalizado H4 e en estado reservado.
Participaron o GES de Curtis e patrullas da Garda Civil de Tráfico e Atestados, sanitarios do 061 e persoal de mantemento das estradas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.