Tuesday 17 de June de 2025

Que pasa co Plan Xeral de Culleredo?


Alternativa dos Veciños denuncia que Culleredo segue sen Plan Xeral de Ordenación Municipal o que impide a veciños e veciñas saber con exactitude a situación legal e urbanística das súas parcelas e fincas.

Cabe preguntarse por que o Concello de Culleredo non presenta ao Pleno a documentación do Plan Xeral de urbanismo que se abordou en 2008, se aprobou inicialmente no 2013, sen que 12 anos despois se teña coñecemento do porqué non se aproba.

Culleredo non ten plan que poida avalar as licencias de determinados edificios. O Plan antigo está obsoleto desde hai varios anos pola nova Lei do Solo da Xunta de Galicia, que esixe desde 2016 a aprobación dun novo Plan Xeral.

As recalificacións que o Concello de Culleredo fixo ou pretende facer como é o caso dos terreos da Cross, que é patrimonio BIC, e foron asignados como unha cesión obrigatoria do Plan parcial; non teñen cobertura legal.

Desde Alternativa dos Veciños reclámase ao goberno municipal para que aborde, sen desculpa algunha, a tramitación do Plan Xeral que ten caixón desde hai 17 anos, para a súa aprobación definitiva. As veciñanza e o colectivo de empresarios de Culleredo non pode agardar máis!

Deja un comentario