
A nova senda de Teira xa está habilitada para o tránsito seguro para os peóns logo dunha reforma integral levada a cabo pola brigada de Obras do Concello de Ribeira.
Co obxectivo de mellorar o tránsito peonil seguro no ámbito rural, o goberno ribeirense iniciou a retirada do paseo de madeira que unía Teira e Corrubedo para facer unha nova senda peonil que xa está finalizada. A nova senda foi proxectada para que sexa duradeira no tempo a nivel de mantemento e sobre todo para garantir unha mobilidade segura e accesibilidade universal.
A obra precisou de varias fases para a súa consecución, nunha primeira fase retirouse toda a pasarela de madeira que estaba en mal estado para despois comezar os labores de acondicionamento dun camiño rural no que previamente se traballou a preparación do camiño, limpeza, escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal e rasanteo.
O concelleiro de Obras, Xabier Vidal manifestou que a senda de Teira “é un camiño para dar servizo ás veciñas e veciños da contorna, unha senda segura entre os piñeiros”. Vidal tamén asegurou que era unha intervención moi demandada pola veciñanza, “damos resposta así á demanda veciñal de ter un camiño en condicións para poder transitar”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.