
• Esta iniciativa, financiada polo Plan Corresponsables, está dirixida a crianzas nadas entre os anos 2012 e 2020, e celebrarase entre o 30 de xuño e o 1 de agosto no Complexo Multiusos.
• As familias interesadas poderán inscribirse de balde ata o 20 de xuño no Rexistro do Concello.
O Concello das Somozas organiza un campamento de verán dirixido a crianzas nadas entre os anos 2012 e 2020, co obxectivo de axudar coa conciliación familiar durante as vacacións escolares, á vez que a rapazada atopa unha alternativa divertida na que desenvolver relación sociais e educativas.
O programa realizarase entre o 30 de xuño ata o 1 de agosto no Complexo Multiusos das Somozas, en horario de 9:30 a 14:00 horas, agás a semana das festas e o festivo local o 28 de xullo, que non haberá campamento.
As familias interesadas poderán solicitar unha das 40 prazas de balde ofertadas ata o 20 de xuño no Rexistro do Concello de 9:00 a 14:00 horas. Tamén están dispoñibles os teléfonos 981 404 101 ou o 881 042 066 para calquera dúbida ou información.
Esta proposta, financiada polo Plan Corresponsables, busca educar a través do xogo e da diversión, estimulando a creatividade e imaxinación nas crianzas, desenvolvendo as súas habilidades sociais fomentando o traballo en equipo e as súas capacidades creativas, manuais, artísticas, físicas e estéticas.
A rapazada participará en actividades relacionadas ca arte, a cultura, a música, ou o deporte; ademais de excursións e actividades complementarias.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou o seu compromiso por “aportar alternativas de ocio para a rapazada que axuden ca conciliación familiar durante as vacacións estivais” así como tamén animou “ás familias das Somozas a inscribirse nesta proposta, que aportará un espazo divertido e educativo no que a rapazada poderá desenvolver habilidades sociais e aprender valores igualitarios e cooperativos”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.