
Os bombeiros do parque provincial de Arzúa foron requiridos esta mañá tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados na A54, á altura da saída 77, ao seu paso polo concello do Pino.
A incidencia foi ocasionada pola colisión entre un turismo e unha furgoneta, provocando que unha persoa falecera e outras cinco resultaran feridas. Estas foron trasladadas ao hospital, catro en ambulancia e outra en H3.
Actualmente os bombeiros provinciais continúan traballando no punto.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.