
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde na entrega de trofeos do oitavo Open Náutico Esfuerza, organizado pola Fundación María José Jove. No acto, puxo en valor a aposta desta entidade polo deporte como ferramenta imprescindible para a inclusión das persoas con discapacidade.
No evento deportivo, que tivo lugar durante os días 13, 14 e 15 de xuño na Coruña, incluíronse probas de vela e piragüismo adaptado e participaron preto de 70 deportistas con discapacidade. A maioría deles son usuarios do programa Esfuerza, unha iniciativa coa que colabora a Consellería de Política Social e Igualdade a través das achegas con cargo ao 0,7% do IRPF. Nos últimos dous anos, esta colaboración ascendeu a preto de 50.000€, a maiores da colaboración económica que este departamento mantén con outros programas da entidade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.