Monday 16 de June de 2025

Accidente con feridos no lugar de O Confurco, no concello de Lousame


Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron requiridos esta pasada noite por un accidente de tráfico con feridos no cruzamento do lugar de O Confurco, no concello de Lousame, concretamente no punto quilométrico 6 da DP-1104 dirección Boiro.

Foi o 112 quen deu o aviso ás 21:08 horas indicando que se producira un accidente con dous vehículos implicados e varias persoas feridas. Ninguén se atopaba atrapado, pero as vítimas foron trasladadas polos sanitarios.

Os bombeiros procederon á limpeza da vía mentres a Garda Civil controlaba o tránsito.

Tamén participaron o GES e 061 de Noia.

Deja un comentario