
• A leira As Quintás acolleu o evento, organizada pola Asociación de Cazadores de Abegondo en colaboración co Concello.
• Dandy, un can de caza anglo-francés, resultou ser o mellor da exposición, cuxo dono é Dinito de Carballo.
Os mellores exemplares de cans de caza déronse cita hoxe, domingo 15 de xuño, en Abegondo. Todo de man da ‘Mostra de Cans de Caza’, organizada pola Asociación de Cazadores de Abegondo en colaboración co Concello.
O evento arrincou ás 11.00 horas na leira As Quintás con gran expectación. No mesmo, outorgáronse distintivos a caza maior, caza menor (pelo-pluma), mellor can, mellor lote e mellor camada. Entregáronos o alcalde, José Antonio Santiso; o concelleiro Marcos Zapata; o presidente da Asociación de Cazadores, José Antonio Bouzas e o secretario, Óscar Couceiro.
Así, a configuración de premiados foi da seguinte maneira:
Caza maior
– Primeiro premio para Zisco, un sabuxo de Baviera.
– Segundo premio para Bruce, un grifón azul.
– Terceiro premio para Urni, un petit gascon.
Caza menor (pelo)
– Primeiro premio para Ray, un beagle.
– Segundo premio para Tango, tamén de raza beagle.
– Terceiro premio para Marcelo, un petit baset.
Caza menor (pluma)
– Primeiro premio para Prior, un setter inglés.
– Segundo premio para Chao, un pointer.
– Terceiro premio para Amora, unha setter gordon.
Mellor jauría: para grifón azul.
Mellor camada: para petit blue gascon.
Mellor can da exposición: Dandy, un can de caza anglo- francés.
O alcalde, José Antonio Santiso, quixo agradecer “a todos os integrantes da Asociación de Cazadores de Abegondo, así como a todo o público que se congregou hoxe aquí, o asistir a esta ‘mostra’, un precioso acto no que non só podemos ver preciosos exemplares de cans de caza, senón tamén compartir unha mañá de domingo dunha forma diferente”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.