Monday 16 de June de 2025

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa


O Goberno de Inés Rey promove este evento para dar a coñecer a actividade das entidades e clubs deportivos da cidade
A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición número 38 do Día do Deporte na Rúa, unha iniciativa municipal coa que o Goberno de Inés Rey busca promover e incentivar a actividade que desenvolven as entidades deportivas da cidade. Este ano bateuse o récord de participación, con 93 entidades e clubs participantes nun total de 63 modalidades.
“Desde o Goberno de Inés Rey buscamos o fomento do deporte a todas as idades e, por iso, traballamos da man de moitas asociacións e clubs que hoxe amosan á cidadanía, nun acto multitudinario e en aberto, todo o seu potencial”, indica Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. Todas as actividades celebradas hoxe estiveron abertas a toda a cidadanía. Ademais, houbo sorteos de agasallos e eventos especiais.

Deja un comentario