
Gancho, calceta… Neda sumouse esta tarde ao Día internacional de tecer en público. Unha quedada na contorna da Casa das palmeiras servía para xuntar na vila a persoas de distintas xeracións que comparten esta afección, e tamén para reivindicar a actividade polos beneficios que reporta para a saúde (é unha boa terapia antiestrés, axuda a exercitar a memoria, contribúe á destreza manual…) Nesta primeira cita, organizada polo Concello, participou ademais o voluntariado da Asociación Sociocultural ASCM.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.