Monday 16 de June de 2025

A Xunta realiza marte e mércores probas de funcionamento das sireas de aviso á poboación de 41 presas galegas


A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura

O Goberno galego reforza con este exercicio a súa aposta pola prevención ante calquera emerxencia

 

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia.

 

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.

 

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

 

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

 

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

 

 

*Xúntase calendario das probas

 

NATURGY

DATA HORA INICIO PRESA CONCELLOS 1/2 HORA
17/06/2025 09,00 BELESAR Chantada, O Saviñao, Carballedo, Pantón
17/06/2025 09,00 OS PEARES Carballedo, Pantón, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar e Coles
17/06/2025 10,30 CASTRELO Ribadavia, Castrelo de Miño, Arnoia e Melón
17/06/2025 10,30 ALBARELLOS Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle
17/06/2025 12,30 PORTODEMOUROS Vila de Cruces e Arzúa
17/06/2025 12,30 FRIEIRA Crecente
17/06/2025 13,00 BRANDARIZ Touro e Vila de Cruces
17/06/2025 13,00 VELLE Ourense
17/06/2025 15,00 SALAS Muíños e Lobios
17/06/2025 15,30 AS CONCHAS Muíños, Lobios e Entrimo
17/06/2025 16,30 VILAGUDÍN Tordoia
17/06/2025 17,00 SAN COSMADE Cerceda e Ordes

 

IBERDROLA                      

DATA HORA INICIO PRESA CONCELLOS ½ hora
18/06/2025 10,00 CHANDREXA Chandrexa de Queixa
18/06/2025 10,05 GUÍSTOLAS A Pobra de Trives e Ribas de Sil
18/06/2025 10,15 SANTOALLA O Bolo, Petín e Ribas de Sil
18/06/2025 10,30 SANTO ESTEVO Pantón e Sober
18/06/2025 10,40 SAN PEDRO Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Coles e O Pereiro de Aguiar
18/06/2025 11,00 SAN MARTIÑO Quiroga e Ribas de Sil
18/06/2025 11,15 MONTEFURADO Quiroga, Ribas do Sil, A Rúa e Petín
18/06/2025 11,30 SEQUEIROS Quiroga e Ribas do Sil
18/06/2025 11,45 CASOIO Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras
18/06/2025 12,00 PUMARES Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras
18/06/2025 12,15 CENZA Viana do Bolo e Vilariño de Conso
18/06/2025 12,30 AS PORTAS Viana do Bolo e Vilariño de Conso
18/06/2025 12,45 O BAO Manzaneda, O Bolo, Petín e Ribas de Sil

 

ENDESA

DATA HORA INICIO PRESA CONCELLOS ½ hora
18/06/2025 09,00 PRADA A Veiga e O Bolo
18/06/2025 09,30 SAN SEBASTIÁN Viana do Bolo e Vilariño de Conso
18/06/2025 10,00 EIRÓS Rubiá
18/06/2025 10,00 PEÑARRUBIA Rubiá
18/06/2025 11,00 RIBEIRA As Pontes de García Rodríguez
18/06/2025 11,30 EUME Pontedeume, Ares, Cabanas e Fene

 

XEAL

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
17/06/2025 10,00 FERVENZA Dumbría e Mazaricos
17/06/2025 12,00 SANTA UXIA Carnota, Dumbría e Mazaricos

 

 

EMALCSA

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
17/06/2025 12,00 CECEBRE Cambre e Culleredo

 

PHG

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
18/06/2025 10,00 TOURO Vila de Cruces, Touro e Silleda

 

ALUMINA

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
17/06/2025 10,00 BALSA DE LODOS VERMELLOS Xove
17/06/2025 11,30 RIOCOBO E DIQUE Cervo

 

AUGAS DE GALICIA

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
17/06/2025 10,00 BAÍÑA Baiona
17/06/2025 11,00 EIRAS Soutomaior, Ponte Caldelas e Pontevedra
17/06/2025 17,00 CALDAS Caldas de Reis e Portas
18/06/2025 16,00 O CON Vilagarcía de Arousa

 

ADELANTA

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
18/06/2025 17,00 DEVA Pontedeva, Padrenda e Quintela de Leirado

Deja un comentario