Sunday 15 de June de 2025

Clausura actividades municipais


Paderne clausurou onte as actividades municipais que levaron a cabo no presente curso, e ás que acudiron máis de 200 veciñas e veciños rexistrados. Nun acto ao aire libre, e resistindo as iniciais pingas de choiva, houbo exhibicións dos grupos de ximnasia de Viñas, de zoa de Quintas e de baile de Vilamourel, ademais dun monólogo de Ángeles Goas.

Sergio Platas, alcalde de Paderne, agradeceu “a todas as persoas que fan posible levar a cabo unha programación tan completa e estendida ao longo do noso municipio”, tendo en conta que felicitaba “ás veciñas e veciños que participaron nesta demostración, así como en todos os grupos de actividades, que esperamos seguir enchendo o ano que vén.”

Deja un comentario