
· A xornada comezou sobre as 10:30 horas e non terminou ata as 20:30 horas.
Os nenos e nenas do CPI Cruz do Sar despediron hoxe o curso ao grande nunha xornada que se estendeu desde a mañá ata ben entrada a tarde e que estivo repleta de exhibicións deportivas, actividades, comida e unha foliada.
A festa comezou ás 10:30 horas co acto de clausura do proxecto ambiental de 6º de primaria, ‘Futuro verde’, que tivo lugar no salón de actos da Senra.
Logo, ás 12:00 horas, empezaron as exhibicións deportivas no pavillón do colexio. O primeiro grupo en participar foi o de taichí, que saíu ás 12:00 horas. Ás 12:10 saíu o grupo de zoa; ás 12:20 o de ximnasia rítmica; ás 12:40 o de taekwondo; ás 13:00 o de danzas urbanas; e pecharon a mañá os nenos e nenas de patinaxe ás 13:20. A actividade continuou pola tarde de 16 a 18 horas na zona do comedor, onde se celebraron partidas de xadrez e talleres de robótica.
Todos e todas se trasladaron á zona do monte sobre as dúas do mediodía para a comida. A esa hora comeron os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e, ao terminar, fíxoo o alumnado de ESO e os adultos. Para facilitar o traslado da comida e a comodidade, permitiuse o acceso de vehículos á zona do monte de 9:00 a 11:00.
Ao terminar para comer comezaron as diferentes actividades, tales como xogos inchables, talleres, xogos tradicionais ou trikers. Ademais, a agrupación de Música Tradicional de Bergondo puxo o toque musical á xornada.
Para terminar, ás 20:30 horas e como colofón a esta xornada de diversión, houbo unha festa da escuma para poñer punto e final ao curso 2024/25.
Esta actividade estivo coorganizada entre o Concello, o centro e a APA As Mariñas do CPI Cruz do Sar. Colaboraron Protección Civil de Bergondo, Cruz Vermella de Betanzos e a Agrupación de Música Tradicional de Bergondo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.