
“Hai que localizar inmediatamente a orixe destas verteduras e ao responsable dos mesmos e cortalos xa”, manifestou indignada Dolores Silva, Portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Oleiros.
O Partido Popular leva anos denunciando as enormes carencias en todo o que se refire á rede de rede de sumidoiros e auga que ten o municipio, na que non se investiu máis nada que en parcheos ocasionais e cando a súa rotura ponse de manifesto.
Son moitas as veces en que estas redes rebentan por algún motivo e nalgúns casos sen que tan sequera detéctese.
Para o Partido Popular a orixe da contaminación por coliformes fecais na praia de Santa Cruz está nesta mesma causa.
“Existen filtracións da rede de saneamento que acaban chegando á enseada, a través do río ou directamente por filtración do terreo, e que, dependendo da axitación e movemento da auga do mar, elevan os niveis de concentración de coliformes ata facer inviable o baño”, asegurou Silva.
Para o Partido Popular García Seoane segue gastando o diñeiro de todos os oleirenses naquelas obras que lle dan visibilidade á súa actuación, como o Auditorio de Bastiagueiro, mentres naquelas que non ven, como estas infraestruturas van enterradas, non inviste apenas partida algunha, o que constitúe unha evidencia máis do ecopostureo que practica o rexedor, ao ter moi pouco que ver estas verteduras coas boas prácticas desexables en alguén que se autodefine como ecoloxista.
“Esta maneira de facer e de entender a política municipal que lle levou a perpetuarse no goberno, está a causar gravísimos danos á imaxe do municipio, ademais de deixando para o futuro enormes investimentos que tarde ou cedo haberá que facer”, sentenciou a portavoz popular.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.