Sunday 15 de June de 2025

VIII Carreira escolar Concello de Neda


O tempo respectou e o bo ambiente e o compañeirismo triunfaron na VIII Carreira escolar do Concello de Neda, disputada na contorna do albergue de peregrinos. Ao redor de 110 nenos e nenas tomaron parte, finalmente nesta proba, concibida para promocionar o atletismo e fomentar o deporte en igualdade entre o alumnado de primaria. Os estudantes do CEIP Maciñeira e do CEIP San Isidro foron os grandes protagonistas da xornada, se ben non faltaron peques procedentes de centros educativos da comarca (Narón, Ferrol, Fene e Valdoviño). O Concello felicita a todos os participantes e agradece a colaboración das familias e dos colexios.

Deja un comentario