
• No acto de homenaxe a `Tenre’ bautizouse ao pavillón deportivo municipal co seu nome e descubriuse unha placa na súa honra.
• Durante a xornada, xogadores históricos do Club Alameda Xarío, que preside desde a súa fundación, sen enfrontaron nun partido amigable.
O polideportivo municipal de Miño celebrou esta tarde un emotivo acto de homenaxe a Juan Tenreiro Vázquez ‘Tenre’, xubilado este ano, unha figura esencial no desenvolvemento do deporte no municipio, especialmente no fútbol sala.
Desde esta mesma tarde, o pavillón deportivo municipal pasa a levar oficialmente o nome de Pavillón Deportivo Municipal Juan Tenreiro, nun xesto co que Miño recoñece o compromiso e o traballo desenvolvido por unha das figuras crave na promoción deportiva da localidade. Ademais, durante o evento tamén se descubriu unha placa conmemorativa na súa honra.
O acto contou coa presenza de numerosos xogadores e exxogadores que foron adestrados por Tenreiro nas filas do Club Alameda Xarío FS, entidade que el mesmo fundou e presidiu. Como parte da homenaxe, celebrouse un partido amigable entre xogadores históricos do club.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, sinalou que “Tenreiro foi moito máis ca un adestrador: ao longo dá súa traxectoria, converteuse nun auténtico motor do deporte en Miño, impulsando torneos e facendo do pavillón un segundo fogar para centos de rapaces e rapazas.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.