
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia da colaboración entre as entidades sociais e as administracións para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e garantir a súa plena inclusión. Así o sinalou durante a celebración da 11ª Festa das familias que organizou Aspronaga e na que participaron usuarios e familiares.
Neste senso, a directora xeral destacou o labor desta entidade social, coa que a Consellería de Política Social e Igualdade colabora cada ano a través do financiamento de preto de 300 prazas residenciais e de atención diúrna, ás que destina 5,5 millóns de euros ao ano. Así mesmo, tamén realiza achegas a Aspronaga a través das axudas do 0,7% do IRPF, que na última convocatoria recibiu máis de 100.000€ para melloras nos seus centros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.