Saturday 14 de June de 2025

O festival ‘Aquí tamén se fala’ reúne na Coruña a bandas emerxentes que apostan polo uso do galego na súa música


O Concello colabora co IES Rafael Dieste na organización desta segunda edición

Este venres estase a celebrar na praza da Tolerancia a segunda edición do festival ‘Aquí tamén se fala’, un evento musical organizado pola asociación do mesmo nome e que conta co apoio e colaboración do Concello da Coruña, dentro das iniciativas do Goberno de Inés Rey para fomentar o uso do galego entre a mocidade. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, asistiu ao acto de apertura do festival e puxo en valor “o poder da música para potenciar o uso do idioma, sobre todo entre os mozos e mozas en idade académica”.

A iniciativa ‘Aquí tamén se fala’ xurdiu no IES Rafael Dieste e o pasado ano mobilizou a máis de 200 centros educativos e 25.000 estudantes de toda Galicia. O evento, que é gratuíto e aberto a toda a cidadanía, conta nesta edición con Ortiga, Pava, Alana, Ulex e unha actuación sorpresa.

Deja un comentario