
• A iniciativa enmárcase no programa “Actívate en Laxe 2025” e ofrecerá un circuíto urbano con vistas á costa, pensado para todas as idades.
O Concello de Laxe organiza a súa 1ª Carreira Popular Pedestre o vindeiro domingo 6 de xullo de 2025, dentro do programa municipal “Actívate en Laxe 2025”, unha aposta clara polo fomento do deporte, a vida saudable e a dinamización do concello durante a tempada estival.
A proba contará con diferentes distancias para adultos e carreiras específicas para categorías menores, nunha xornada deportiva pensada para todas as idades e niveis. O percorrido discorrerá polo núcleo urbano de Laxe, destacando polas súas impresionantes vistas á praia e ao entorno natural da vila.
Horarios da carreira:
• 10:30 h: Carreira adultos (distancia 5 km)
• 10:40 h: Carreira adultos (distancia 10 km)
• 12:00 h: Carreiras para categorías menores
As persoas interesadas poden consultar toda a información e realizar a súa inscrición a través do portal oficial de Turismo Laxe:
https://turismolaxe.gal/activate-en-laxe-2025-chega-a-1a-carreira-popular-pedestre/
A carreira está organizada polo Concello de Laxe, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e da Xunta de Galicia.
Desde o goberno municipal faise un chamamento á participación cidadá e á asistencia do público para animar aos corredores e facer desta primeira edición unha auténtica festa do deporte local.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.