
•O Concello inicia unha ambiciosa batería de obras co obxectivo de reforzar a calidade de vida no rural, con actuacións en camiños, saneamento, espazos deportivos e patrimonio.
O Concello de Muxía vén de poñer en marcha un amplo plan de actuacións por valor de 663.871,39 euros que permitirá mellorar servizos básicos e infraestruturas en diferentes parroquias do municipio. Entre as obras destacan a pavimentación de pistas, a construción de instalacións deportivas, melloras no saneamento, acondicionamento de espazos públicos e a rehabilitación de elementos patrimoniais.
As intervencións, que contan con financiamento procedente de plans como o POS ou subvencións da Xunta de Galicia, inclúen:
• Pavimentación da pista AC-440 en Cebráns – 56.883,29 €
• Construción dunha pista polideportiva en Quintáns – 45.054,43 €
• Mellora da pista de Cebráns a Añobres – 171.311,66 €
• Obras de mellora de viais e saneamento en Frixe – 154.258,70 €
• Acondicionamento da pista de Xurarantes á Fonte do Bico – 23.328,80 €
• Renovación do pavimento da senda peonil en Lago – 32.613,33 €
• Rehabilitación do lavadero de Vilamaior – 21.400,84 €
• Camiños interiores de Merexo – 159.020,34 €
O alcalde de Muxía e concelleiro de Obras, Javier Sar, salientou que “cada euro investido nestas actuacións está pensado para dar solucións concretas á veciñanza, en zonas que levaban anos agardando por melloras. O noso compromiso co rural é firme, e estas obras son un reflexo dese compromiso”.
Pola súa parte, a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Asociacionismo, Sandra Vilela, destacou que “estas actuacións melloran a vida diaria das Nota de Prensa persoas: fan máis seguros os desprazamentos, achegan espazos de deporte e lecer e reforzan servizos esenciais como o saneamento”.
O Goberno local pon en valor que estas obras chegan a distintas parroquias, apostando por un desenvolvemento equilibrado e sostible que atenda o conxunto do territorio municipal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.