
Entre as 93 entidades e 63 modalidades deportivas destaca este ano a presenza de seis parasurfistas internacionais o a inclusión do pentatlón militar
O Concello da Coruña celebra este domingo 15 de xuño o XXXVIII Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade das Escolas Deportivas Municipais no curso 2024-2025. Nesta ocasión haberá un total de 93 entidades participantes e 63 modalidades deportivas, o que supón o récord desta celebración. Toda a información e o mapa interactivo con todas as disciplinas poden ser consultadas na seguinte ligazón.
Todas as actividades se desenvolverán de 11.00 a 14.00 horas na contorna da Cidade Deportiva de Riazor. Os deportes náuticos terán nas praias de Riazor e Orzán. Todas as actividades son de balde e abertas a todas as idades. A cita promovida polo Goberno de Inés Rey ten como obxectivo promocionar as diferentes disciplinas deportivas que se practican n cidade, da man dos distintos clubs e entidades deportivas municipais, e dun xeito lúdico e participativo, achegar á cidadanía os beneficios da práctica deportiva.
O Día do Deporte na Rúa contará este ano con 63 modalidades deportivas diferentes dende o atletismo, baloncesto, bádminton, boxeo, ximnasia, escalada, marcha nórdica ou xadrez.
Tamén haberá deportes náuticos como vela, piragüismo, waterpolo, paddle surf ou surf entremoitas outras. E como novidades contarase con danza urbana, pickleball, pelota vasca e pentatlon militar. Ademais, celebraranse diferentes actividades dirixidas por técnicos/as especializados/as de Termaria cos seguintes horarios: Body Balance ás 11.00, zumba ás 12.00 e Salsation ás 13.00 horas.
Ademais, este ano haberá no evento un total de seis parasurfistas internacionais na zona dedicada ao surf na praia do Orzán, máis axeitada para estas prácticas deportivas pola calidade das súas ondas. Estarán encabezados por Daniel Souto, parasurfista coruñés. Outra das actividades destacadas este ano será o pentalón militar, que contará cunha pista de aplicación adaptada. Ademais, haberá dous talleres de RCP e salvamento acuático.
Este ano, 93 clubs e entidades deportivas da cidade se suman á celebración do Día do Deporte, colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes prácticas deportivas que se ofertan no municipio, completando unha programación deportiva ampla e diversa. Deste xeito, o Concello mantén o seu apoio ao sector deportivo da cidade, achegando o seu traballo á cidadanía, e fomentando a práctica deportiva para todos os gustos e idades. A xornada contará tamén cunha solta de pombas (colombofilia), que se realizará no stand fronte ao Palacio dos Deportes de Riazor ás 13.00 horas.
Como participar e agasallos
A participación no XXVIII Día do Deporte na Rúa é libre e sen necesidade de inscrición previa.
O mesmo día da celebración repartirase unha tarxeta de participación en cada unha das actividades deportivas ou no punto de encontro do Palacio dos Deportes. En cada tarxeta haberá tres marcadores para selar e en cada actividade que se realice poderase cubrir un.
Haberá 2.000 camisetas que se entregarán ás 2.000 primeiras persoas que teñan un selo na tarxeta. As camisetas estarán a disposición das persoas participantes no punto de encontro ata as 14.00 horas.
Ademais, haberá un sorteo de materiais das entidades colaboradoras, que se realizará o día 15 ás 13.45 horas no escenario situado na explanada do Palacio dos Deportes. Participarán todas as persoas que depositaron as súas tarxetas cubertas con tres selos. Haberá diferentes premios para maiores e menores de idade.
Modalidades deportivas
Aikido Loita Grappling
Atletismo Loita Sambo
Atletismo – Lanzamentos Marcha nórdica
Bádminton Motociclismo
Baloncesto Natación
Balonmán Paddle surf
Boccia Patinaxe artística
Boxeo Patinaxe en liña
Carreira de orientación Patinaxe freestyle
Ciclismo Urbán e tamden Pelota vasca
Colombofilia Pentatlon militar
Danza urbana Petanca
Defensa personal Pickleball
Deporte adaptado Piragüismo
Dragon boat Quidditch/Quadball
Duatlón Roller derby
Equitación Rugby
Escalada Salvamento e Socorrismo
Esgrima Surf e PARASURFING
Esgrima histórica Surfskate
Fútbol Taekwondo
Fútbol gaélico Taichi
Fútbol sala Tenis
Ximnasia artística Tenis de mesa
Ximnasia rítmica Tiro con Arco
Golf Trialbici
Halterofilia Triatlón
Hockei sala Vela
Jiu Jitsu Waterpolo
Judo Windsurf
Kárate Xadrez
Entidades deportivas
5 Coruña Fútbol Sala Club Torre SD
A Coruña Fillos de Breogán Club Triatlón Coruña
A Coruña Pickleball Club Voleibol Zalaeta
ADC Alquimia Inline Club Waterpolo As Mariñas
Agrupación de Montañeros Independientes Club Waterpolo Coruña Rías Altas
Asociación Coruñesa de Waterpolo Club Ximnasio Fibra
Asociación Galega de Xadrecistas Coruña Beach Club
ASPERGA Coruña Roller Derby Irmandiñas
Athletic Coruña Hockey Club Club de Rugby Arquitectura Técnica
Balonmán Brigantium Dementores Coruña
BM Línea 21 Federación Salvamento e Socorrismo Galicia
CD Seguridade Galega Federación Galega de Surf
C.P.A.Maxia Fundación Abrente – ENKI
Can Coruña Asociación Canina Gimnasia Ritmica Santiago Apóstol
Circulo Colombofilo Herculino Graiño Team
Club Academia espada Coruña Grumico
Club atletismo Coruña Comarca Hércules Club de Golf
Club Auga Dragon Boat BCS Hércules Coruña Fútbol Sala
Club BKC Boxeo Índigo Taichi
Club Básquet Coruña SAD Judo Club Coruña
Club Brabox 76 Judo Club Shiai
Club Batallador SD Judo Hércules
Club de Pelota La Coruña Karate No Michi
Club de Vela Playa Oza Lobos de Mar Surf Club
Club del Mar de San Amaro Mas Moto Club
Club Encontro Aikido Mobi-liza
Club Escola galega de Esgrima OAR Ciudad Vieja 1952
Club Escola Garrapucho Old is Cool Club de Surf
Club Escuela de Tenis Marineda ONCE
Club Esgrima Atlántico Orzán Sociedad Deportiva
Club esgrima Coruña Prado Surf Escola
Club Etp A Coruña RSD Hípica de La Coruña
Club Galicia Rollers Real Club Nautico de La coruña
Club Halterofilia Coruña Riders Surf School
Club Hércules Termaria SD As Xubias
Club Lanzadores Coruña Sociedad de Montaña Artabros
Club Marcha Nórdica A Coruña Son do Mar Escuela de Surf
Club Natación Coruña Sporting Club Casino de La Coruña
Club Náutico Marina Coruña The Cutarc Team
Club Petanca Coruña Tip Mv Fight krav Maga
Club Polideportivo Esclavas TrialBiciCoruña
Club Rítmica Coruña Viaxes Amarelle FS
Club Rítmica Milenium Vibrato Dance Crew
Club Salesianos Coruña Ximnasia Ritmica MªBarbeito
Club Salvamento Coruña Zalaeta 100tolos
Entidade convidada: Cuartel General de Mando de Apoyo a la Maniobra- A Coruña
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.