Saturday 14 de June de 2025

O Concello avanza no plan de medidas da Zona de Mercado Residencial Tensionado recollendo aportacións dos sectores implicados


O Goberno de Inés Rey convocou a Mesa Sectorial de Vivenda, na que estiveron representados as principais asociacións da cidade

O Goberno de Inés Rey continúa avanzando na declaración definitiva da cidade como Zona de Mercado Residencial Tensionado mediante a elaboración dun plan de medidas que contará con aportacións dos principais sectores implicados. Esta mañá celebrouse a Mesa Sectorial de Vivenda, que estivo presidida polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego.

No encontro informouse ás entidades e asociacións presentes dos avances acadados tras a declaración da cidade como Zona de Mercado Residencial Tensionado. Tamén se pediron aportacións para o plan de medidas que está elaborando o Concello, requisito necesario para a implantacións das medidas que permitan regular o prezo do aluguer na Coruña. “O acceso á vivenda é a maior inquedanza da cidadanía e para o Goberno de Inés Rey é unha prioridade ofrecer aos coruñeses e coruñesas medidas inmediatas e efectivas como esta”, indicou Díaz Gallego.

Na Mesa participaron: Juan José Yañez (Aproinco), Victor González Jove (Apecco), Ruth Varela e Emilio Rodriguez Blanco (COAG), Roberto Pérez Manuel (Colexio de Aparelladores), Patricia Vérez Cotelo (Colexio da Propiedade Inmobiliaria), Teresa Suárez Agrasar (Colexio de Administradores de Fincas), Mª Luisa Varela e Mª Teresa Alvite (Federación de Asociacións de Veciños), Jaime Castiñeira (EMVSA), Ana Quintairos (directora área de Fomento da Delegación do Goberno), Oscar Valcuende Rodríguez (Confederación de Empresarios), Emma Martínez de la Fuente e Emilio García Pigueiras (Agalín), Cristina De la Puente González (Potenciemos), Ana Pardo Fernández e Lara Caamaño Beiro (Provivienda), María José Ríos Rodríguez (Fundación RAIS), Clara Tello e Carmen Reigía (Cruz Vermella), Sonia Valbuena e Rebeca Caramés (CASCO), Alberto Tabernero e Cristina Ucieda (ACCEM) e Lorena Santos Salgado (Cáritas).

Deja un comentario