
• As persoas interesadas poderán apuntarse ata o 18 de xuño ás 14:00 horas.
• Ofértanse 8 actividades diferentes que darán comezo o 1 de xullo e estenderanse ata o 29 de agosto.
O Concello de Cariño abre o prazo de inscrición para apuntarse nas actividades de verán das escolas deportivas e obradoiros culturais. As persoas interesadas poderán anotarse ata o vindeiro mércores, 18 de xuño, ás 14:00 horas.
Este ano ofértanse 8 actividades diferentes, dirixidas a distintos grupos de idade e con variedade de horarios. As actividades desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 29 de agosto. Entre as propostas inclúense andainas, balonmán, patín, fútbol sala, baloncesto, cociña creativa, manualidades, xogos ao aire libre e yincanas.
As escolas deportivas celebraranse no IES Cabo Ortegal, mentres que o antigo edificio do Concello será o lugar no que se desenvolverán os obradoiros culturais. A única actividade que terá unha localización diferente será a yincana, que se realizará nas inmediacións do Auditorio Municipal. O prezo de inscrición é de 8 euros por escola deportiva e de 6 euros por obradoiro cultural.
As inscricións realízanse a través dun formulario web dispoñible na páxina web do Concello de Cariño e nas súas redes sociais. Ademais, xa se atopan publicados os horarios provisionais e os grupos de idade para cada actividade, aínda que estes poden experimentar cambios. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Servizo de Deportes da Casa do Concello ou chamar ao 981 405 064.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destaca o compromiso do goberno local para “ofrecer actividades que fomenten o deporte e a creatividade, apostando por unha proposta variada como alternativa saudable durante os meses de verán”. Na mesma liña, a rexedora asegura que “seguiremos traballando para impulsar iniciativas que acheguen a cultura e o deporte a todos os cariñeses e cariñesas”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.