Saturday 14 de June de 2025

Andaina solidaria pola Ataxia o 27 de setembro


O sábado 27 de setembro Camariñas sairá á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por ‘Con Ataxia pero Sin Límites’ coa colaboración do Concello.
 
A andaina comenzará ás 12 horas e este ano percorrerase unha nova ruta, desde o paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta, unha opción adaptada para persoas en cadeira de rodas.
 
Ao remate haberá actividades para todas as idades como inchables, pinchos, sorteos e moito máis. Ademais, o evento contará cunha exposición de coches clásicos. 
 
As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 697 828 580.

Deja un comentario