
O Concello de Carballo ofrece ás familias a posibilidade de utilizar o programa Concilia durante as festas de San Xoán. Os días 23, 26, 27 e 30 de xuño o servizo funcionará desde as 07.00 ata as 14.30 horas no Recuncho dos Nenos, situado na rúa Barcelona, número 18, entrechán dereito.
O custe do servizo será de 8,24 euros, almorzo incluído.
O prazo de solicitude está aberto ata o 17 de xuño.
O número de prazas é limitado, polo que terán preferencia os/as usuarios/as habituais do servizo. No caso de que queden prazas libres poderán acceder outros nenos/as.
Máis información: Centro de Información á Muller (CIM), edificio de Servizos Sociais do Concello de Carballo. Teléfonos 981 700 688 e 638 123 460.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.