
• Dirixido a crianzas de 3 a 8 anos, celebrarase durante os meses de xuño a setembro no Centro de Ocio, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
• As familias interesadas poderán inscribirse, de balde, desde o 13 ao 20 de xuño a través da sede electrónica do Concello ou acudindo presencialmente nas oficinas municipais.
O Concello das Somozas abre hoxe o prazo para inscribirse no campamento de verán do Centro, unha alternativa de ocio educativo que ten como obxectivo axuda á conciliación familiar durante as vacacións escolares de verán.
O programa vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos e dividirase en dúas quendas; do 23 de xuño ao 1 de agosto para as crianzas nadas entre o 2021 e 2022 e do 4 de agosto ao 5 de setembro para as crianzas nadas entre 2017 e 2022.
O campamento levarase a cabo de luns a venres, no Centro de Ocio Infantil das Somozas, en horario de 9:30 a 13:30 horas. A iniciativa oferta 12 prazas e realizaranse actividades para que a rapazada poida aprender mentres se divirten.
Nesta proposta ocio-lúdica, os nenos e nenas poderán realizar actividades relacionadas coa arte, a cultura, a música e o deporte, así como tamén excursións e xogos ao aire libre.
As familias interesadas poderán inscribirse, de balde, desde o 13 ao 20 de xuño a través da sede electrónica do Concello ou acudindo presencialmente ás oficinas municipais. Tamén están dispoñibles os teléfonos 981 404 101 (ext 2) ou o 881 042 066 para calqueda dúbida ou información.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, destacou que “coa organización destes campamentos de verán continuamos coa nosa aposta en firme por unha conciliación de calidade” así como tamén animou “ás familias das Somozas a apuntarse a esta proposta que ofrece unha ampla cantidade de actividades na que as crianzas poderán aprender ao mesmo tempo que o pasan ben durante as vacacións de verán”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.