O director xeral de xustiza, Juan José Martín asistiu hoxe na sede do Consello Xeral do Poder Xudicial, á entrega dos “Premios á calidade da Xustiza”
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asistiu hoxe na sede do Consello Xeral do Poder Xudicial, á entrega dos “Premios á calidade da Xustiza”, onde a nosa comunidade recibiu o Premio polo Proxecto de Expurgo da Documentación Xudicial, como referente da busca da mellora da calidade do servizo público dunha Xustiza accesible.
Os “Premios Calidade da Xustiza”, presididos polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, recoñecen a labor de distintos órganos xudiciais de Barcelona, Castellón, Murcia e Valencia. E, ademais da nosa comunidade, aos gobernos autonómicos de Canarias e Cataluña, á Fiscalía Xeral do Estado, ao Consello Xeral da Avogacía e á empresa Logisman.
Esta VI edición dos Premios á calidade da Xustiza recoñecen as iniciativas de órganos xudiciais ou de outras administracións e entidades, que máis destacaron na procura dun servizo público, dunha Xustiza máis eficaz, transparente e accesible aos cidadáns.
O goberno galego xa foi galardoado no ano 2013, polo proceso de informatización levado a cabo no Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), na modalidade de Xustiza máis transparente. A Xunta está levando o Plan de Modernización Tecnolóxica da xustiza, o chamado Plan Senda, que incluíu a informatización do Imelga, a través da melloras dos seus medios técnicos, das súas aplicacións informáticas e a ampliación dos seus servizos para ofrecerlle así aos cidadáns unha xustiza máis áxil, mais eficaz e mais rigorosa.