Friday 13 de June de 2025

Un ferido tras un accidente de tráfico na AG-11, ao seu paso polo concello de Rianxo


Os bombeiros do parque provincial de Boiro interviñeron esta tarde nun accidente de tráfico cun feridos no punto quilométrico 16 da AG-11, sentido Padrón, no concello de Rianxo.

O aviso deuse ás 15:37 horas, indicando que había persoas atrapadas polo que tamén se mobilizou ao parque provincial de Ribeira por se era necesaria a súa actuación.

Xa no lugar dos feitos, os profesionais de Boiro viron que a persoa e única ocupante do turismo non estaba atrapada, polo que non foi precisa a intervención dos bombeiros de Ribeira.

No operativo participaron Policía Local e Protección Civil de Rianxo, ademais dos responsables de mantemento da AG-11.

Deja un comentario