
Un total de 118 nenos e nenas inscribíronse para participar este sábado, 14 de xuño, na “VIII Carreira Escolar Concello de Neda”. A proba, que dará comezo ás 10 horas, desenvolverase na contorna do albergue de peregrinos, no paseo marítimo de Xuvia.
Dirixida a menores de entre 4 e 13 anos, a competición incluirá as categorías peques (50 metros), sub-8 (correrán 350 metros); os sub-10 (percorrido de 700 m); finalmente, os sub-12 e os sub-14 terán que completar no menor tempo posible 1.050 metros.
O alumnado dos colexios locais será o gran protagonista da proba, coa que o Concello trata de impulsar a práctica do atletismo entre os máis pequenos do municipio. Así, confirmaron participación 57 menores do CEIP Maciñeira, 45 do CEIP San Isidro. Haberá ademais alumnado do CEIP Plurilingüe de Ponzos (Ferrol); dos colexios naroneses Jorge Juan, Ponte de Xuvia e Feal; do CEIP A Xunqueira, de Fene; CPI Atios, de Valdoviño e do CRA La Abadía. Apuntan dende o servizo de Deportes que os nenos e nenas participantes terán que recoller os dorsais no lugar da carreira a partir as 9.30 horas.
O obxectivo da iniciativa non é outros que crear afección por esta disciplina deportiva e fomentar a convivencia e o deporte en igualdade. A actividade conta co respaldo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.