
Na mañá de hoxe presentouse o “Festival Son´s”, un festival de canto e música tradicional que está organizado pola asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño dende 2016 (non houbo en 2020 e 2021 pola pandemia) e vai pola súa oitava edición.
Á presentación asistiu a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o vicepresidente da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, Unai González xunto con Moncha e Teruca Sampedro, directivas da asociación e pandereiteiras das Sete Linguas
Unai González informou que é un festival onde participan o grupo anfitrión “As sete linguas” da AFLM de Aguiño máis unha diversidade de grupos “dende que comezou, de todo Galicia, como Catalmibre de Culleredo, Herba Grileira de Melide, Sonelas do Son, Arume e Lumieira de Boiro, Chorimas de Queigura, Baroña, Revolt@s de Carreira, Garridiñas de Castiñeiras, Sivalveiras de Corrubedo, Bailadela de Ribeira entre outros…”, Unai tamén anunciou que “este ano como grupo convidado teremos as famosas PAN SEN FRON da Coruña dirixidas por Xurxo Fernandes” e continuo falando da presente edición, onde este ano farán unha actuación conxunta As sete linguas e Bailadela da man da profesora Manola Valiño, “xa que é a mestra das dúas agrupacións e veñen actuando conxuntamente xa noutros momentos do ano como no Nadal, Letras Galegas, setembro, en Ribeira e na contorna (no Son, Queiruga, Castiñeiras, Boiro…).
O festival é con entrada de balde, colabora na organización o concello de Ribeira da man da área de Cultura así como a Deputación da Coruña a través da Rede Cultural dente ano 2025.
O festival celebrarase o vindeiro 21 de xuño e comezará ás 21:00 horas coa actuación de As sete linguas e Bailadela e a continuación o espectáculo de Pan Sen Fron para rematar cunha foliada libre onde haberá tamén algo de picar para os asistentes.
Nesta actividade tamén colaboran algunhas empresas (non directamente) pero si no proxecto cultural anual da asociación Francisco Lorenzo Mariño (como Conresa, Farmacia Aguiño, Fabri Barbanza, Digar de Artes, Fripusa ou Combustibles Puebla).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.