Friday 13 de June de 2025

As Somozas celebra o 23 de xuño a II edición da súa gran noite meiga


• A área do Carballo acollerá desde as 20:00 horas unha sardiñada popular, animación infantil, cacharela, queimada e os concertos en directo dos grupos “Os Piñeiros Band” e “The Fabulous Frank Fairlane Dj”.

• Ademais, o 21 de xuño terá lugar o San Xoán de Seixas, unha celebración que contará con cea popular, fogueira, queimada e actuación de Vanesa Ramil.

O Concello das Somozas prepárase para celebrar a segunda edición da súa gran noite meiga, unha cita que busca dar a coñecer e recuperar as tradicións que acompañan a esta data tan arraigada e combinar o entretemento familiar coa cultura galega nunha contorna natural única.

Esta edición celebrase o luns, 23 de xuño, a partir das 20:00 horas, na área recreativa do Carballo e inclúe propostas e unha programación de lecer para todas as idades.

Entre as actividades programadas destacan as propostas para o público máis novo, con actividades de animación infantil, así como unha sardiñada popular, a cacharela e unha queimada para toda a veciñanza que se achegue á zona.

A celebración contará tamén coas actuacións musicais en directo de “Os Piñeiros Band”, actuación que conta coa subvención da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e“The Fabulous Frank Fairlane Dj”.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, anima a toda a veciñanza a gozar desta segunda edición noite meiga, “unha proposta cultural que gozou dunha gran acollida o ano pasado e que pretende ser un punto de encontro interxeneracional e ofrecer un evento lúdico, cultural e gastronómico nunha contorna natural única como é a de O Carballo”.

Xuntanza de San Xoán en Seixas
Ademais da segunda edición da noite meiga das Somozas, a parroquia de Seixas acollerá a súa xuntanza San Xoán dous noites antes, a do sábado 21 de xuño.
Este evento especial, organizado pola Asociación de veciños de Santa María de Seixas e que conta coa colaboración de Sogarisa e o Concello das Somozas, dará comezo a partir das 20:30 horas no campo da feira de Seixas.

A xornada iniciarase coa cena que, nesta ocasión, contará cun menú composto por empanada, churrasco, chourizo, patacas, pan, bebida e postre. A cea terá un custo de 17 euros para os socios, 25 euros para os non socios e 10 euros para os nenos e nenas de ata 12 anos.

Seguindo as tradicións desta festividade haberá tamén queimada e unha fogueira. Ademais, a celebración contará tamén cunha actuación especial da man de Vanesa Ramil.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, anima a toda a veciñanza a achegarse a esta gran festa xa que supón, “a maneira perfecta de celebrar a antesala a unha das noites máis especiais do ano, mantendo vivas as tradicións e desfrutando dunha gran xuntanza”.

Deja un comentario