
O festival ‘Aquí tamén se fala’ celebrarase tamén este venres na praza da Tolerancia
As festas nos barrios da Coruña continúan neste ecuador do mes de xuño con festexos no barrio de Labañou e en Palavea. As festas son financiadas polo Concello a través do plan de apoio ás entidades veciñais para a celebración das súas festas patronais. Dita liña de subvencións conta cun orzamento total de 500.000 euros para todas as celebracións tradicionais dos barrios. “Desde o Goberno de Inés Rey temos democratizado este ano o proceso para que os diferentes barrios celebren as súas festas, dándolle ás asociacións unha maior autonomía para que confeccionen os programas”, indica Gonzalo Castro.
A Festa dos Porcos, este sábado 14 na praza da Tolerancia, está organizada pola Asociación de Veciños Labañou, San Roque, Zona Escolar e Rosales. As actuacións musicais principais serán as de Monoulious Dop, Catuxa Salom e Pablo Balseiro & La Verbenian Orquestra. Ao mediodía haberá comida popular de arroz de porco a partir das 13.30 horas, obradoiro infantil e actuación da Lilicleta, Atacca Percusión e Pan Sen Fron.
No serán celebraranse xogos tradicionais e actuará o circo Sempre Arriba.
No mesmo espazo, este venres, celebrarase a segunda edición do festival ‘Aquí tamén se fala’, organizado pola asociación do mesmo nome coa colaboración do Concello. As actuacións musicais comezarán ás 17.00 horas con Ulex. Despois actuarán Pava (18.45), Alana (20.15), un artista sorpresa (21.30) e Ortiga (22.30). O evento é totalmente gratuíto e ten como obxectivo promover o uso do galego entre a mocidade a través de artistas que empreguen o idioma nas súas letras.
Por outra banda, este sábado e domingo celebraranse as Festas Patronais por San Antonio e Santa Cristina de Palavea. Os festexos están organizados pola asociación veciñal Os Nosos Lares e incluirá, comezarán o sábado 14 ás 13.00 horas coa sesión vermú do Grupo Miami. Ás 16.00 actuará o grupo de musicoterapia de Abegondo e Palavea, ás 17.00 haberá un obradoiro de beat box por Vella Escola Cultura Urbana e ás 18.30 actuará a asociación folclórica Aturuxo e haberá un obradoiro de esgrima con 100 Tolos. A partir das 20.00 horas actuarán The Muppets, Pili Pampín e DJ Male.
O domingo a xornada festiva comezará ás 10.00 horas cunha alborada polas rúas do barrio a cargo da Asociación Cultural Folclórica Folerpas. Ás 14.00 horas haberá sesión vermú con Begoña García. Pola tarde, ás 17.00, actuará a asociación cultural La Trova, haberá unha festa das espuma e xogos variados. Ás 19.00 actuará Mr. Kamándula e ás 21.00 pechará os festexos a Orquesta Sinfonía.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.