
• Trátase dunha actividade organizada por dúas monitoras do municipio a través do ANPA que conta coa colaboración do Concello.
O Concello de Cariño acollerá este sábado, 14 de xuño, un festival que combinará zumba e patinaxe artística nunha xornada lúdica e deportiva especialmente pensada para as familias e os máis pequenos da casa. A cita terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas e contará cunha entrada simbólica de 1 euro, que poderá adquirirse no propio recinto.
Neste festival participarán os nenos e nenas a partir dos 3 anos que formaron parte das actividades de patinaxe artística e zumba durante o curso. O obxectivo principal do evento é que os mozos teñan a oportunidade de mostrarlle ás súas familias todo o aprendido ao longo do ano nunha xornada divertida e diferente. Ademais das exhibicións, tamén se realizarán sorteos de agasallos no medio das distintas actuacións.
A iniciativa parte das monitoras cariñesas Miriam Sismundi e Andrea Costas, quen a través do ANPA A Basteira organizaron esta actividade que conta coa colaboración do propio Concello de Cariño.
Ambas as profesionais están vinculadas desde hai tempo a actividades infantís no municipio. Andrea Costas foi a persoa que impulsou a actividade de patinaxe artística que se desenvolve a través do ANPA en Cariño, mentres que Miriam Sismundi exerce como monitora na actividade de zumba, así como tamén no Centro Deportivo Nova Saúde.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.