
A Policía Local de Carballo regresa unha vez aos centros escolares para achegar as normas básicas de circulación aos máis pequenos e pequenas. Os axentes Kelly Villar Castro e Eduardo Castro Prado estiveron a semana pasada na escola de Sísamo, e este venres 13 achegaranse ata o CEIP Fogar, nesta ocasión coa colaboración do Club Ciclista Carballo.
A mellora da seguridade viaria é un obxectivo permanente da Concellaría de Mobilidade e Policía, que impulsa a campaña. Neste caso trátase de ofrecer aos nenos e nenas as claves para circular con seguridade a pé e tamén en bicicleta, polo que a formación teórica compleméntase cun circuíto no que poden poñer a proba as ensinanzas adquiridas.
A Policía Local tamén achega información ás familias da cativada de cero a seis anos a través do obradoiro de seguridade viaria de Apego e das actividades da Semana da Mobilidade, ademais de realizar charlas informativas nos centros sociais das parroquias a petición do movemento asociativo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.