
Celebraranse do 14 de xullo ao 17 de agosto, podendo participar calquera restaurante da cidade
O prazo de inscrición abrangue desde hoxe ata o 19 de xuño e as bases poden consultar na páxina web de Turismo da Coruña
Tralo éxito do pasado ano, A Coruña volverá acoller este verán a celebración das Xornadas Gastronómicas do Bonito, que se desenvolverán na cidade entre o 14 de xullo e o 17 de agosto.
O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, organiza esta iniciativa para poñer en valor este produto e seguir impulsando eventos que contribúan á potenciación do turismo e a oferta gastronómica da cidade en xeral.
A participación está aberta a calquera restaurante da cidade, se ben establecerase un límite de 30 establecementos participantes como máximo. Os locais que desexen concorrer nestas xornadas deberán incluír na súa carta un menú, prato ou oferta gastronómica na que esté incluído o bonito da Lonxa da Coruña, podendo presentar ata un máximo de 3 propostas diferentes. As Xornadas forman parte da ampla axenda deseñada polo Goberno de Inés Rey para a promoción da gastronomía local a través de diversas actividades desenvolvidas na cidade ao longo do ano.
As inscricións poden formalizarse desde este xoves, 12 de xuño, ata as 14.00 horas do 19 de xuño, na páxina web de Turismo da Coruña.
A participación é gratuíta e as bases poden consultarse aquí.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.