Friday 13 de June de 2025

Ambar realizou o seu programa de conservación das instalacións da fachada do seu Centro de Recursos


A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puido realizar o seu programa de conservación das instalacións da fachada do centro de recursos de Ambar. Este proxecto é posible co cofinaciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF xestionado dende COGAMI.

O obxectivo é mellorar o estado da cuberta e fachada eliminando as filtracións e ampliando a cuberta de acceso ó centro.

Este proxecto permitiu mellorar substancialmente as condicións físicas do Centro de Recursos da Asociación Ambar, contribuíndo á calidade dos servizos prestados a persoas con diversidade funcional. As actuacións realizadas solucionaron problemas estruturais de humidade e filtracións, melloraron a accesibilidade e confort nos accesos, e aseguraron a conservación a medio e longo prazo das instalacións.

Os resultados obtidos compren os obxectivos previstos, e tanto o equipo técnico como as persoas usuarias manifestaron unha valoración positiva das melloras realizadas. Ambar conseguiu, a través deste programa, beneficiar a 89 persoas usuarias.

Deja un comentario