Saturday 14 de June de 2025

O Partido Popular cualifica de “vándalo” ao alcalde de Oleiros


Os Populares aseguran que a falta de mantemento por parte do concello acabará en desgraza persoal

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acaba de denunciar a comisión de actos vandálicos no municipio que afectan principalmente a espazos públicos e mobiliario urbano.

En opinión do Partido Popular de Oleiros, o alcalde volve esconderse baixo o recurso de buscar sempre culpables: cando non se trata doutras administracións (Xunta de Galicia, Goberno central…), ocórrenselle cousas tan rocambolescas como culpar aos veciños de Sada… O importante para Gelo é dispoñer sempre dun chibo expiatorio baixo o que esconder as súas propias vergoñas. Este feito é tan certo e tan vello -ninguén o discute a estas alturas- como que o mantemento neste concello é un ben prezado que adoita brillar pola súa ausencia.
“Desde o Partido Popular condenamos os actos vandálicos de calquera natureza, pero queremos denunciar a actitude do que se escusa detrás do vandalismo para tratar de xustificar a súa nula capacidade para conservar e manter o que é de todos no estado que os oleirenses merecemos”, declarou a este respecto Loli Silva, portavoz municipal dos Populares.
“Chegados a este punto, cabería preguntarse quen é máis vándalo: se o que esnaquiza mobiliario urbano ou quen permite que se deteriore ata o punto de converter os nosos espazos públicos nun perigo constante. Neste momento, algo tan cotián como apoiarse nunha varanda dun parque ou sentar nun banco pódense cualificar en Oleiros como actividades de risco, @teniendo en cuenta a falta de mantemento por parte do concello. A ver a quen bota a culpa García Seoane cando se produza unha desgraza persoal…”, concluíu a súa declaración a portavoz Loli Silva.

Deja un comentario