
Os bombeiros do parque provincial de Arteixo foron requiridos polo 112 ás 16:32 horas de hoxe para unha excarceración tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados no punto quilométrico 55 da N-547, ao seu paso por Boente, no concello de Arzúa.
A persoa excarcerada foi trasladada en ambulancia ao CHUS.
No operativo participan Policía Local de Arzúa, Garda Civil de Tráfico e 061.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.