Thursday 12 de June de 2025

Ampla participación nas primeiras xornadas de formación para entidades deportivas de Carballo


Máis de sesenta persoas, fundamentalmente directivos/as e técnicos/as de entidades deportivas do noso concello, participan na primeira edición das Xornadas de formación para entidades deportivas organizadas pola Concellaría de Deportes a proposta do Consello Deportivo Municipal.

O obxectivo da actividade, que se vén desenvolvendo desde o día 9 no auditorio do Fórum Carballo, é, de feito, fortalecer a capacidade de xestión dos clubs a través da mellora da preparación legal e organizativa e do coñecemento das obrigas documentais e fiscais.

Nas dúas primeiras xornadas abordáronse aspectos tan interesantes como a xestión de riscos a través do establecemento de protocolos antiviolencia, un tema do que falou o especialista Jorge Méndez Lamas, ou a estrutura do ecosistema deportivo, da que se ocupou Eduardo Blanco, presidente da Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede), que colabora co Concello de Carballo nesta iniciativa.

Para a última sesión, prevista para hoxe mércores ás 20.00 horas, está prevista a presenza de Julio Ransés Pérez Boga, presidente da Axencia Estatal de Administración Tributaria e experto en dereito tributario, que se centrará no réxime xurídico e as obrigas tributarias dos clubs deportivos.

As persoas asistentes recibirán un diploma acreditativo e validado pola Escola Galega do Deporte.

Deja un comentario