
• A leira As Quintás acollerá a mostra anual, organizada pola Asociación de Cazadores de Abegondo en colaboración co Concello.
Os mellores exemplares de cans de caza poderán verse este domingo, 15 de xuño, en Abegondo. Todo de man da Mostra de Cans de Caza, organizada pola Asociación de Cazadores de Abegondo en colaboración co Concello. O evento arrincará o domingo, a partir das 11.00 horas, na leira As Quintás.
O remate da mostra, que vai xa pola súa XXVI edición, chegará coa entrega de premios. Durante a mesma outorgaranse os galardóns de caza maior, caza menor (pelo-pluma), mellor can e, ademais, o de mellor lote e mellor camada.
As persoas interesadas poderán anotarse no teléfono 669 841 452. En calquera caso, só poderán participar os cans que conten con microchip, cartilla sanitaria e documentación segundo a lexislación vixente.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.