Friday 13 de June de 2025

A aula CeMIT de Ribeira presenta os cursos de verán nos que destaca AI.


No día de hoxe e como vai sendo habitual o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou o extensa programación que a aula CeMIT ten deseñada para o verán 2025.

Suárez-Puerta salientou que é unha programación “pensada para os máis mozos da casa xa que nestas datas sen cole poden ter máis dispoñibilidade ao aula CeMIT”.

Durante o mes de xullo haberá só unha hora de formación para os adultos, en horario de 13:00 a 14:00 horas, cunha programación de contidos básica que terá como novidade –-a petición dos usuarios– dun curso de iniciación á AI. No mes de agosto a formación contará cuns contidos máis avanzados, “tal e como víñamos informando en presentación anteriores”; terá coma protagonista a IA “pero dun xeito máis avanzado”, informou o concelleiro.

Colomer pasou a informar sobre o Campamento Dixital e o Pobo Dixital que son dúas iniciativas promovidas pola Fundación Cibervoluntarios, a través das cales, de xeito gratuíto e coa colaboración da Aula CeMIT, os mozos e mozas de 9 a 14 anos adquirán os coñecementos dixitais fundamentais para o seu futuro. Terán lugar nas instalacións da Casa da Xuventude do Concello de Ribeira; o Campamento Dixital será para a franxa de 9 a 13 anos de luns a venres de 9:00 a 12:00 horas e o Pobo Dixital, para a franxa de 11 a 14 anos de luns a xoves de 12:00 a 14:00 h.

Para unha franxa de idade máis baixa –de 8 a 11 anos– o concelleiro presentou o tradicional Verán Dixital que terá lugar de 10:00 á 13:00 horas nos meses de xullo e agosto, “a idea é que os nenos e nenas poidan estar esas tres horas aprendendo as cousas máis básicas da informática como pode ser; a mecanografía, o paquete office, a creación e edición de imaxes con paint e tamén se lle ensinará os perigos de internet e das redes sociais así como o acceso aos contidos de forma segura”. O verán Dixital tamén sumará coñecemento na impresión en 3D e no manexo e pilotaxe de drons.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías para rematar, animou a veciñanza a inscribirse “neste completo programa de cursos para o vindeiro verán”.

VERÁN DIXITAL XULLO – Nenos e nenas de 8 a 11 anos
Tódolos días, de 10:00 a 13:00 h. – Do 01 o 23 de Xullo

VERÁN DIXITAL AGOSTO – Nenos e nenas de 8 a 11 anos
Tódolos días, de 10:00 a 13:00 h. – Do 04 ao 29 de Agosto

TEMARIO (mesmo temario en Xullo que en Agosto):
(Adxunto Cartel)
• Mecanografía de maneira divertida – Aprenderemos a utilizar o teclado de maneira correcta, con programas online que utilizan xogos interactivos nun contexto moi alegre visualmente e moi dinámico para motivar aos nenos a aprender a escribir con soltura e velocidade sen aburrirse.
• Iniciación ao Paquete LibreOffice:
◦ Write – Edición de textos e imaxes: Escribiremos un conto inventado entre todos, cartas e traballos escolares; aprendendo primeiro como editar un texto, adxuntar imaxes, cambiar os tipos de letra, xogar coas cores, cos bordos, xestión de parágrafos…
◦ Impress – Realización de presentacións animadas: Aprenderemos a crear presentacións con texto, debuxos feitos por nós, imaxes descargadas da Internet; co fin de animar o noso conto grupal.
• Creación e edición de imaxes co programa Paint – Faremos os nosos propios debuxos para incorporar ao noso conto grupal, utilizando o programa Paint e tódolos seus recursos.
• Educación dixital – Apps, plataformas, xogos educativos que nos ensinarán:
◦ Perigos da internet e das redes sociais – Aprenderemos a recoñecer que non todo o que vemos en internet é seguro. Falaremos de como coidarnos, non falar con descoñecidos e protexer a nosa información nas redes sociais.
◦ Acceso a contidos de forma segura – Descubriremos como buscar cousas útiles sen atopar contidos perigosos. Usaremos ferramentas que nos axudan a navegar por internet de maneira segura e divertida.
• Iniciación á impresión 3D – Un primeiro achegamento ao mundo da creación en tres dimensións. Os nenos e nenas aprenderán a deseñar sinxelos obxectos no ordenador e verán como se converten en pezas reais coa impresora 3D. Un taller práctico para fomentar a creatividade, a lóxica e a aprendizaxe tecnolóxica.
• Manexo e pilotaxe de drons – Un taller para iniciarse no mundo dos drons, coñecer
como funcionan e aprender a manexalos con responsabilidade. Con circuítos sinxelos, os nenos e nenas mellorarán a súa coordinación, concentración e interese pola tecnoloxía, sempre nun ambiente lúdico e seguro.

Deja un comentario