
A veciñanza non ten que sofrir as consecuencias da indecisión municipal
Xa hai 5 anos que o parque das Brañas perdeu a súa cuberta por mor dun temporal. Resulta inadmisible que pasado este tempo o Concello aínda non o repuxera, privando á veciñanza do lugar deste servizo tan útil para a convivencia, o deporte e o xogo infantil.
O actual abandono parece que se debe á determinación da culpabilidade do accidente, por se pode ser responsabilidade da empresa que executou a obra, algo que o Concello debe dirimir nos xulgados, pero sen que a cidadanía padeza as consecuencias do desastre.
A nova obra pode realizarse, e se se determina a culpabilidade da empresa costrutora, o Concello pode recuperar o investido, vía indemnización.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.