Saturday 14 de June de 2025

Un total de 61 veciños e veciñas de Frades visitaron Ribadeo e Foz


Un total de 61 veciños e veciñas participaron nunha viaxe a Ribadeo e Foz organizada polo Concello de Frades en colaboración con Excursiones Miranda. Unha saída na que estiveron acompañados polos concelleiros de Maiores, Jesús Francos Sánchez; e de Cultura, Juan Carlos Portos Bra.

A expedición partiu de Frades o pasado domingo, ás 8:00 da mañá, para desprazarse ata a Mariña lucense, onde fixeron unha primeira parada na Illa Pancha, onde visitaron os dous faros e desfrutaron das espectaculares vistas que ofrecen. Acto seguido, fixeron un percorrido pola vila de Ribadeo, para despois xantar no restaurante Yenka (Barreiros). Pola tarde, fixeron unha visita á vila de Foz, antes de emprenderen o regreso a Frades.

Deja un comentario