Saturday 14 de June de 2025

A Aula de Teatro Municipal representa “Quixotada” e “Raíñas á escena”


A Aula Municipal de Teatro de Carballo volve presentar ante o público as súas propostas. Este ano, os 20 actores e actrices representarán dúas funcións o venres 13 de xuño no auditorio do Pazo da Cultura. En primeiro lugar, ás 21.00 horas o público poderá desfrutar con “Quixotada”, e ás 22.00 horas será a quenda de “Raíñas á escena”. A maioría do aforo está ocupado pero haberá algúns convites a disposición do público na billeteira do Pazo da Cultura a partir das 19.30 h.
A Aula Municipal de Teatro, dirixida na actualidade pola compañía Galeatro, integrada por Alba Bermúdez e Tone Martínez, leva máis de 15 anos de traxectoria fomentando a escena entre a cidadanía e ofrecendo espectáculos baseados en textos clásicos de autores, arriscándose con textos máis modernos, ou presentando traballos propios dos integrantes da aula, dando renda solta á creatividade teatral.

Deja un comentario