Saturday 14 de June de 2025

Do 16 de xuño ao 14 de setembro cambia o horario da Biblioteca, Museo do Humor Xaquín Marín e Casa da Cultura de Fene


Coa chegada do verán, a Concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor Xaquín Marín e sala de exposicións temporais). Así, a partir do luns 16 de xuño e até o vindeiro 14 de setembro (inclusive), o horario da instalación será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Os sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.

A partir do luns 15 de setembro retomarase o horario habitual da instalación.

Deja un comentario